*Elaborada sobre un traballo previo de Benigno Riveiro Arjones

  1. A Coruña: probablemente deriva de “CLUNIA”, nome de lugar. Recentes estudos sosteñen que a orixe última é o latín “colonia”. Probablemente dunha raíz indoeuropea *k-r ‘pedra`, ‘rocha` (no 991 aparece documentado Crunia, en alusión as características rochosas do entorno ou mesmo á Torre de Hércules, torre construída sobre unha pena ou rocha). Non se pode desbotar a hipótese de Clunia, derivada dun sustantivo celta *clunia, ‘pradaría’, ‘lugar humido’,’fonte’, topónimo similar a Cluny.
  2. A Estrada: É unha vía de comunicación. (Viam) stratam é a voz da que procede e refírese aos diferentes estratos de distintos materiais con que os soldados romanos construían as vías. Corresponde ó ingles street e ó aleman strasse. Loxicamente os estratos só os facían en terreos brandos e en lugares de moito tránsito. O topónimo de A Estrada, provincia de Pontevedra, parece demasiado moderno para que se derive do latín. Proponse que pode derivar do participio galego estrada do verbo estrar, estender estrume, xeralmente capas de toxo nas corredoiras.
  3. Acibeiro: Fitotopónimo. Acivo, acivro (estándar) ou acivreiro nomean a árbore. Ten a súa orixe nunha forma vulgar *acifolum, polo clás. AQUIFOLIUM. (Atención á grafía con v). Unha árbore (unidade) non é moi común que dea nome a un lugar. Non obstante, e neste caso, temos O Aciveiro tamén no concello de Friol (Lu), Ortigueira (A Cor.) ou Rodeiro (Po). A miúdo sérvese dun complemento preposicional ou complementa el. Véxanse, O Monte do Aciveiro en Arteixo (A Cor.) e Coto (do) Aciveiro en Forcarei (Po).
    Se a referencia é a un conxunto de árbores, o habitual é unha denominación en plural: Os Aciveiros en Láncara (Lu), con -r- Os Acivreiros en Muras (Lu), mesmo cos abundanciais (Aciveir-al nas Pontes e Acev-edo, Acev-ido). O emprego do abundancial é, con todo, o máis frecuente en fito e serve para dar nome ao espazo no que medraron ou medran.
    DE INTERESE:
    O mosteiro de ACIVEIRO sitúase na parroquia de Santa María de Aciveiro, concello de Forcarei, na Comarca de Tabeirós - Terra de Montes, no montañoso interior da provincia de Pontevedra. É considerado Monumento Histórico Artístico desde o ano 1931 e, na actualidade, declarado Ben de Interese Cultural.
  4. Armenteira: de “ARMENTARIAM” e éste de “ARMENTUM”, rabaño de gando maior. Zootopónimo.
  5. Astorga: Os ríos Esla e Órbigo son os máis importantes do sistema fluvial formado na provincia de León e que desembocan (unido o afluente co río Esla en Zamora) no río Douro. Asturias e unha denominación xeográfica que parte do nome do río Esla, o antigo Astura, de etimología prerromana (vasco-ibérica).A súa evolución fonética é bastante irregular e desfigurouno moito. Estaría formado por ast-: pena, rocha e –ura: auga, e dicir, ur+ o artículo vasco. A primeira forma da en asta e como variantes acha, aitza, sempre relacionados con lugares onde efectivamente hai rochas. Astapa> Estepa (Sevilla) significaría “ao pe das rochas”. De Astura esperaríase unha forma *Astora con apertura da u postónica como no caso de Astorga<Asturica e logo *Astra con síncopa da misma vocal no sitio das medievais Estora e Estola, con e inicial por a e l por r, que pasou a Esla (dende 1028) por caída da vocal postónica e naturalmente do t.Este hidrónimo aparece xa en Floro e logo en Orosio, nas súas narracións sobre as campañas de Augusto Os habitantes dos territorios ribereños de dito río foron denominados asturi, e, en consecuencia, a rexión que éstos ocupaban acabou sendo Asturia; na Idad Media apareceu como nome culto, en plural, Asturias, tal como hoxe o coñecemos. O nome da cidade leonesa de Astorga (< Asturica Augusta) participa tamén dese mesmo étnico e representa un claro testimonio da maior extensión do territorio astur na Antigüedade.
  6. Bembibre: De BENE VIVERE ‘lugar bo para vivir’. É un caso de toponimia propiciatoria, sinala un lugar positivamente. Bembibre existe na toponimia do Val do Dubra (A Cor) e de Viana do Bolo (Our). Tamén o podemos ver na provincia de León.
  7. Bierzo: de “BERGIDUM”, palabra que contén a raíz xermánica berg-, “montaña”. O nome actual desta rexión é unha das denominacións de primera orde máis antigas da península ibérica, cunha derivación clara e constatable dende a máis remota antigüedade.O nome que se daba a un dos asentamentos castreños máis importantes cos que se toparon os romanos na súa conquista do Noroeste hispano (19 a.C.) era o castro cacabelense de Castro Ventosa, posteriormente romanizado e convertido en importante cidade con dereitos de municipio romano ( é o seu apelativo flavio quen así no lo demostra). Esta urbe tomaría o nome de Bergidum Flavium.Bergidum é unha palabra de clara adscripción indoeuropea, concretamente pertencente á lingua céltica máis arcaica. Deriva de dúas raices, unha é Berg- derivada de *bheregh/*bherghos, con significado de “montaña” ou elevación, desta misma raíz procede tamén o sufixo *Briga (plaza forte elevada) abundante en todo o Noroeste prerromano (Brigantium, A Coruña). Esta derivación, “Berg”, aínda existe no alemán moderno co mesmo significado de montaña.A segunda parte do nome é a terminación –idum/dum. Por unha parte vemos paralelismos coa coetánea –dun, que identifica aos castros celtas irlandeses, ou do galo –dunum (Lugdunum) con idéntico significado, tratándose por tanto dun apócope. Sen embargo tamén pode tratarse dun abundancial, é dicir significaría algo así como “lugar moi montañoso”.Así concluímos un significado “cidade elevada e fortificada”, é dicir, un castro. Trátase dunha indicación xeográfica, pero os romanos elexiron esta denominación e por eles chegaríanos coma identificación de toda unha rexión.As primeiras referencias literarias con este nome atopámolas en Floro na súa descripción das guerras cántabras, con certas dúbidas e en Ptolomeo na súa Xeografía onde escribe en grego “Bergidon Flavion” na primeira mitade do s. II d. C., na segunda mitade aparece unha estela en Tarraco que fala dun “bergidoflaviense” que desempeñou todos os cargos da súa respublica (cidade); tamén aparece no Itinerario de Antonino no s. III como cidade cruce de varias Vías con dirección a Bracara, Lucus Augusti e Asturica Augusta.Durante o Reino Suevo aparece a cidade de Bergido como unha das parroquias suevas (parroquial de 572-585), pero non aparece nas listas posteriores visigodas. Varias moedas suevas e visigodas tamén aluden a unha ceca monetaria que estaría situada neste enclave. Sen embargo é precisamente en época do Reino visigodo de Toledo cando desaparece a adscripción do topónimo a unha cidade, e pasa directamente a denominar a un territorio ou rexión, o coñecido Territorium Bergidense, provincia gobernada por un conde baixo a supervisión do duque de Gallaecia ou en datas posteriores de Asturica. Esta problemática aparece reflectida nos escritos referidos a San Valerio del Bierzo e seu predecesor, San Fructuoso.Durante o espazo temporal producido pola invasión musulmán desaparece estranamente calquera referencia con este nome tanto nas crónicas cristiás coma nas árabes, a pesares de terse producido neste lugar a importante batalla de Burbia (791, derrota cristiana). Ate o s. IX non atopamos nada pero neste momento aparecen varias doacións reais e eclesiásticas do Reino de Asturias que mencionan “in territorio Berizo” (857) y “territorio Bergido” (873), ou aos seus habitantes como repoboadores de Astorga acaudillados polo seu Conde Gatón “quando populus de Bergido cum illorum comite Gaton exierumt pro Astorica populare” (878), o el “in Vergidum” dun documento do 883.No Tumbo Vello do Monteiro de Montes atópase abundante documentación que alude tamén a esa rexión, “confinio bergidense”, “territorio bergidense/vergidense”. Hai quen ve a este cenobio como o responsable do novo uso xeral deste nome, baseándose nas fontes clásicas que aportan certa validez necesaria para a mentalidade medieval, a pesares de que se perdera a memoria da existencia ou situación concreta da cidade antiga que tiña ese nome.Pero é no Cartulario do Mosteiro de San Salvador de Carracedo onde atopamos a primeira alusión ao moderno apelativo dos habitantes do Bierzo, “in terra Vergidensium (990), (“na terra dos bercianos”).En datas posteriores hai abundantes referencias: “in Berizu” (994), “territorio Beridensi” (996), “in territorio bericio” (1054). E xa directamente o emprego aillado do vocablo clásico que aludía á cidade romana para referirse agora a este territorio, “in Bergido” (1043), “in Berizo” (1092) ou no ano 1115 “Bergidum”, “Beriz” (1167).Outras denominaciones serían: Berzido, Bercio ou Berezo.Por primeira vez atopamos o nome actual en 1243 “Bierzo” nos documentos do chamado “tumbo vello” do Moteiro de San Pedro de Montes. E aquí tamén comeza a variar a grafía entre o b e o v, común a outras voces que continua ata tempos recentes, xa que vemos “Vierzo” nun escrito de 1294. Con todo, esta forma toponímica, con orixe no 1243, será a derradeira.
  8. Bonaval: de “BONAM VALLEM”, bo val.
  9. Braga: de “BRACARA” topónimo procedente dos bracaros, xentes que habitaban o convento bracarense, e que fai alusión as bragas ou calzas que vestían. Despois foi chamada “Bracara Augusta”.
  10. Caldelas: deriva de “AQUAS CALIDAS” e do seu diminutivo “calidellas”, todos relacionados con augas quentes, termais. Hidrotopónimo.
  11. Cartagena: A cidade cartaxinesa QUART-HADAST: cidade nova, refundada en latín CARTAGO NOVA: nova Cartago, arabizada en QARTAGINA, da que deriva a actual Cartaxena. “Carthago nova” nova cartago, refundación dunha cidade cartaxinesa.
  12. Castrelo: Forma híbrida de “CASTELLUM e CASTRUM”. Un castro é unha cidade alta e fortificada.
  13. Cebreiro: de cebrarium, ‘lugar onde hai moitos asnos bra­vos", tamén chamados onagros e "cebros" < (e)quos feros. máis o xa visto sufixo –arium. Cebreiro é un topónimo da Cañiza (Po) e Cebreiros do Pereiro de Aguiar (Our.), aínda que o de máis sona é Pedrafita do Cebreiro (Lu).
  14. Celanova: Unha das principais divisións do territorio no noso país é a parroquia, chamadas tamén fegresías ( filii eclesiam: fillos da igrexa). Esta división resultaba útil para agrupar varias localidades que celebraban os ritos relixiosos nunha mesma igrexa e a xente deses lugares bautizábase, ía a misa, casaba e enterrábase alí, na igrexa parroquial. Varias parroquias xuntas forman un concello e ás veces leva o mesmo nome dunha das parroquias. Así o nome deses topónimos derivaba das construccións relixiosas, dos que traballaban ou dependían delas e los santos aos que se lles adicaban. Algúns destes haxiotopónimos son : Igrexa ( coas variantes Eirexe, Eirexa, Airexe, Irexa, A Grixa, Suigrexa, Sueigrexa, Traseirexa, Grixanova, Grixó, Grixoa, Igrexario, O Grixario: terras que pertencen a unha igrexa). As veces estas construcciones xa están derrubadas e parece non ter clara explicación o topónimo como Capela e Mosteirón, moi productivos. O topónimo que nos ocupa Celanova, non é máis que un cuarto individual de relixiosos (cella,-ae) nova: recente, de nova construcción (aínda que tamén podería facer referencia a un pequeno almacén ou santuario). Esta voz ten un paralelo en Cillanueva no concello leonés de Ardón.
    Un simple Cela aparece hoxe en Becerreá, Cervantes, O Corgo, Friol (Lu), Boimorto (A Cor), Lobios (Our) e Celas en Carral e Culleredo (A Cor). Acompañado dun adxectivo cualificativo que marca a temporalidade Cela + nova, temos o concello ourensán.
    O adxectivo nova é moi corrente nas denominacións de lugar e ten o seu contrapunto en vello/a. Con nova hai en Galicia: Vilanova, A Casanova, A Taberna Nova, Fontenova, A Feira Nova, Insua Nova, Aldea Nova, A Viña Nova, Rúa Nova...
  15. Cimadevila: de cima+de+vila, “CYMA”, lugar situado na parte de arriba da vila.
  16. Compostela: é o topónimo galego máis discutido. Dende sempre a interpretación máis popular foi: “CAMPUS ESTELLAE, campo da estrela. Máis correctas son: “COMPOSITUM TELLUS”, terra composta ou fermosa. “COMPOSITUM”: enterrado.
  17. Córdoba: do latino CORDUBA, posiblemente dunha anterior fenicia KARTA-TUBA, literalmente vila grande.
  18. Couto: procede de “CAUTUM”, lugar que se cercaba para poder defendelo mellor.
  19. Chantada: “PLANTATAM”, o topónimo baséase na destrución da vila polos normandos e a seguinte redificación, de ahí “plantata” sería cidade reedificada.
  20. Donostia: Fonte : http://etimologias.dechile.net/?Donostia
    a) "Donostia" provén de "Don" (señor en euskera) e "ostia" (porto de Roma).
    Coñécese con este nome a cidade vasca de San Sebastián, porque o dito santo e mártir foi un lexionario romano que morreu por non renegar da súa fe cristiá, e cuxos restos foron trasladados a unha pequena poboación do país vasco que daquela se chamaba Easo. Sendo o santo orixinario de Ostia, a xente comezou a denominar Easo como a cidade do santo de Ostia (en euskera "don-ostia" ). Por extensión, o xentilicio dos habitantes de San Sebastián é "donostiarras" ou easonenses, e non o de sansebastianenses.
    b) Outra fonte cita que o nome orixinario da cidade fundada polo rei de Navarra no séc. XI é "Sanctus Sebastianus" e a súa tradución á lingua vasca foi "Done Sebastian". É xustamente deste "Done Sebastian" do que procede "Donostia", por evolución fonética: "Done Sebastian" => "Donebastian" => "Donebastia" => "Donastia" => "Donostia". O cualificativo de "don(e)" (=santo) non puido terse dado xunto a "Ostia" porque este é un topónimo e o "don(e)" precede e designa só nomes de persoa, nunca se refire a lugares.
    c) Unha terceira versión di que Donostia vén de done que significa santo e ortzi que era o deus euskaldun pagán. No norte de Euskadi o r non se pronunciaba en todas as palabras e en lugar dun "r" poñíase un "s". Por ex.: Esan => erran (esan), osteguna => ortzeguna (xoves), ostirala => ortzirala (venres). DONOSTIA => Done+Osti. Outra proba: ortzeguna => osteguna => ortzi+eguna => osti+eguna (o día de ortzi)
  21. Feáns: Fitotopónimo. Lugar onde abonda o feo (herba segada e seca) de FENUM. Derivado abundancial/locativo formado co sufixo -ALES. Feáns encontrámolo en Negreira e Santiago (ámbolos dous na Coruña), outra variante dialectal Feás haina en Cervo (Lu); Fontefeal (Fonte+(do)+feal), Casal de Feás...; acompañado de modificadores: Feás de Arriba, Feás de Moreda...
  22. Filgueira: de “FILICARIAM”, derivado de “FILICEM”, fento ou fieito. Fitotopónimo.
  23. Fisterra: de “FINIS TERRAE” o fin da terra.
  24. Fondevila: Topónimo composto de FON(DO)+DE+VILA. De FUNDUS, fondo; a parte baixa dunha vila. Fondo de Vila está moi estendido como topónimo, tanto coma o seu oposto Cima de Vila.Tamén existe Fondo complementado con núcleos poboacionais en Fondo da Aldea e Fondo do Lugar. Fondo acompaña, noutros casos, da Costa, de Nois, da Xesta, da Lama, etc.
    Podería pensarse que detrás estivese unha ‘fonte de vila’, con apócope do –te de fon-te, pero hai dúas razóns que nos levan a pensar na primeira hipótese:
    a) a preposición de. Agardariamos ‘fonte da vila’, e temos ‘fonte de vila’.
    b) Na xeografía non é tan frecuente como –Fondo de Vila–, e de atopar, encontramos a secuencia con da: Fonte da Vila (Arzúa, Monfero, Salvaterra de Miño, O Valadouro)
  25. Fonsagrada: de “FONTEM SACRATAM”, fonte sagrada, á que se lle atribuían propiedades curativas. Fon(te) + sagrada. Hidrotopónimo.