Captatio benevolentiae

external image 4625105292_be1bf2d24c_m.jpg
Barack Obama é o 44º presidente na historia dos Estados Unidos de América. Como bo representante da hoxe por hoxe primeira potencia mundial, debe manexar a retórica con soltura e empregar debidamente todos os recursos dos que dispón para chegar así a elaborar bos discursos que encandilen aos seus oíntes e sexan quen de mover as opinións máis aferradas ás súas conviccións.É moi importante para chegar a convencer, obter a simpatía do ou dos oíntes, que deberán ter unha imaxe conciliadora do orador.Obama intentou conseguilo nos primeiros parágrafos do seu discurso anual sobre o estado da Unión, que pronunciou ante o Congreso dos Estados Unidos.Comeza o seu discurso dirixíndose aos oíntes como distinguidos invitados, proxectando unha imaxe de anfitrión cordial e transixente que vai lograr a comodidade dos seus "invitados". Ten tamén un sentido de importancia de cara aos oíntes, aos que amosa con este calificativo respecto pola súa posición decisiva nos Estados Unidos.Continúa felicitándoos pola súa elección para estar representando aos cidadáns dunha das nacións máis importantes do mundo, polo que deben estar á altura e colaborar para sacar adiante aos Estados Unidos nunha época de dificultades.Intenta tocar a fibra sensible dos congresistas atendendo á congresista que foi agredida e recibiu tres impactos de bala. Esta mención a unha congresista busca que os oíntes se sintan identificados e albisquen o aprecio que o presidente mostra polos membros do congreso.Por último emprega primeiras persoas do plural e adxectivos posesivos tamén nesta persoa, (nosos...), que aportarán unha sensación de unidade e cooperación entre os órganos, (Presidencia e Congreso), para chegar ao fin que antes mencionamos, o de saír adiante con ímpetu ante as dificultades que se presentan no futuro inmediato dos Estados Unidos de América.
(Imaxe de Gobierno Federal en Flickr)

Movēre

external image 2659706530_a0e2c51cf5_t.jpg

O 25 de xaneiro diste mesmo ano, o Presidente dos USA realizou a súa intervención ante a cámara dos representantes. Nesta comparecencia fixo balance sobre o estado da nación e explicou cales eran, segundo o seu punto de vista, os principais problemas que había que solventar. Neste discurso, Obama, como gran orador que é, respetou as regras da retórica grega e latina. Un dos aspectos nos que incidía esta retórica era na conveniencia de que o orador conmovera emocionalmente ao oínte (movēre), xa que isto favorecería a súa dura tarefa de convencelo. Ao longo desta intervención podemos atopar varios exemplos disto: O primeiro deles dase no exordium, e atópase no segundo parágrafo: “E nesta solemne ocasión, tamén temos presente o escano baleiro nesta Cámara e rezamos pola saúde da nosa colega e amiga Gabby Giffords”. Como podemos observar, nesta cita Obama está aludindo claramente ao intento de asasinato sufrido pola senadora demócrata Gabby Giffords dous días antes, sabedor de que iso lle fará gañarse a gratitude do seu público. Os outros catro exemplos que temos disto, atópanse na argumentatio, e fan referencia a distintos factores, como veremos a continuación: O primeiro deles é unha cita de Obama á escola estadounidense de Denver Bruce Randolph, que pasou en tres anos de ser unha das peores do Estado, a ter un porcentaxe de éxito do 97%: “ (…) Fai tres anos, era considerada unha das peores escolas en Colorado; estaba situada entre os territorios de dúas cuadrillas rivais. Pero en maio, 97% dos estudantes de último ano recibiron o seu diploma. (…) Grazas, señora Waters, por demostrar que somos intelixentes e podemos logralo.” Con esta declaración, Obama está facendo referencia á superación no sistema educativo de USA, que é considerado por eles mesmos como o mellor do mundo, agradando así ao público. O segundo deles é unha alusión de Obama ao texano Howard, enfermo de cancro de cerebro, e a Jim Houser, empresario de Oregón: “ (…) Non estou disposto a dicirlle a James Howard, paciente de Texas con cancro ao cerebro, que é posible que non se cubra o seu tratamento. Non estou disposto dicirlle a Jim Houser, dono dunha pequena empresa en Oregon, que ten que volver pagar $5,000 máis para ofrecerlles cobertura aos seus empregados. (…)” Aquí o presidente está referíndose a algo tan serio como unha enfermidade para conmover a súa audiencia e ver así facilitada a súa labor. No terceiro deles, Obama refírese á loita do exército estadounidense a favor da liberdade de persoas, razas, etc: “ (…) Entón, debemos vencer a inimigos decididos ondequera que estean e forxar coalicións que crucen límites de rexión, raza e relixión. O exemplo moral de Estados Unidos debe brillar sempre para todos aqueles que anhelan a liberdade, xustiza e dignidade”. Ao facer mención a esta liberdade de razas, de persoas, etc, Obama alude ao lema estadounidense “ E pluribus unum” ( “De moitos un”), facendo referencia á gran heteroxeinidade de razas, nacionalidades, etc dos USA, algo do que se senten especialmente orgullosos. No último exemplo de movēre, o presidente dos USA fai referencia á empresa de Brandon Fischer, un pequeno negocio que elaborou un plan alternativo de rescate para os mineiros chilenos, que foi o que finalmente se efectuou: “ (…) Probamos que Center Rock é unha empresa pequena pero facemos grandes cousas”.. Aquí, Obama está mostrando as cousas de vital importancia que pode chegar a facer calquera organismo estadounidense, algo que sabe que agrada ao auditorio.

Argumentatio

2918491744_c5564c7708.jpgDenomínase inventio á primeira fase das oratoriae partes, na que o orador extrae as posibilidades de desenvolvemento das ideas verdadeiras, ou verosímiles, que lle permitan probar a súa causa. Neste apartado falamos da argumentatio que é a parte do discurso (orationis partes) na que o orador mostra as súas razóns para defender ou refutar o tema do que se esté a falar, segundo os seus intereses.

Nesta parte do discurso de Obama aparecen os seguintes puntos principais:

  • 1. Fomentar a innovación nas empresas de Estados Unidos.
  • 2. Evitar o abandono escolar e impulsar os estudios sanitarios.
  • 3. Loitar contra a inmigración ilegal.
  • 4. Mellorar os sistemas de transporte e comunicación (por exemplo, Internet)
  • 5. Reforma tributaria (política comercial)
  • 6. Reforma sanitaria
  • 7. Reducción do déficit público
  • 8. Liderazgo moral e militar do mundo
  • 9. Relación cidadán - Estado (transferencia na xestión)
  • 10. Defensa contra os inimigos
  • 11. Alianzas e tratados internacionais
  • 12. Respecto e admiración polo exército

Imaxe extraída de Flickr de pacogaitero

Elocutio

A elocutio é a parte da oratoria inmediatamente posterior á ordo ou dispositio. Esta parte da oratoria consiste en trasladar as ideas extraídas e pensadas na inventio e ordenadas na dispositio, é dicir, atopar a maneira de expresalas correctamente. Para iso, cómpre submisitrar a "roupaxe lingüística" mediante a selección dos vocábulos axeitados, dun ritmo apropiado e unha orde correcta. Así mesmo, a elocutio comprende tamén o emprego de figuras retóricas. Unha das figuras retóricas que Obama emprega neste discurso é a anáfora. A anáfora (do latínanaphora, e esta do grego ἀναφορά) é a figura retórica que consiste na repetición das primeiras palabras dun verso ou oración. No discurso do actual presidente dos Estados Unidos podemos atopar varios exemplos de anáfora:
  • (...) O que xurda deste momento depende de nós. O que xurda deste momento non determinará se nos podemos sentar xuntos esta noite, máis ben se podemos traballar xuntos mañá. (...)
  • (...) "Quizá non teña moito diñeiro, pero teño esta gran idea para unha nova compañía. Quizá non veña dunha familia de graduados universitarios, pero serei o primeiro obter o meu grao. Quizá non coñeza a esas persoas en problemas, pero penso que podo axudalas e necesito tratar." (...)

Elocutio

horizonte.jpgDúas das figuras literarias que aparecen no discurso son a hipérbole e o símbolo.
A hipérbole (do latín hyperbŏle) é unha figura retórica que consiste en aumentar ou disminuir de forma esaxerada aquilo do que se fala. ("É o lugar mellor que hai máis alá do horizonte.")


Imaxe de Daquellamanera en Flickr







camiño.jpg
O símbolo (do latín simbŏlum) é unha figura retórica que consiste en utilizar a asociación ou asociacións subliminais das palabras para producir emocións. ("A nosa travesía continua.")

Imaxe de Jexweber en Flickr