Lecturas Oratoria: Tácito, Discursos de Calgaco e Agrícola (Tácito, Agrícola, 30-32 e 33-34); Contexto, discursos e batalla: capítulos 29-38.

Vida e obra de Tácito


O historiador e orador romano Publio Cornelio Tácito non se limitou ó arte da escritura senon que tamén actuou dentro do marco político romano desempeñando os cargos de cónsul, senador e gobernador. Existen poucos datos sobre a súa vida. A maior parte das referencias sobre esta proveñen da correspondencia que mantivo con Plinio o Xove e das súas propias obras.

É característico de Tácito o seu extremo coidado no estilo. A súa linguaxe é moi sintética. Dálle unha importancia maior á agudeza da idea que á ornamentación. Considera que os verdadeiros representantes da historia son os depositarios do poder, polo que lle da unha gran relevancia ó retrato. Sempre trata de documentarse e en xeral respeta os feitos.

Fontes: Wikipedia.


Agrícola

A súa primeira obra con contido histórico é Agrícola, na que narra a vida do seu sogro Cneo Xulio Agrícola. Nesta obra está presente tamén o seu propio pensamento. A maior parte da obra está referida ás campañas militares e ó goberno de Agrícola en Britania.

Fontes: Wikipedia.