*Elaborada por Benigno Riveiro Arjones

  1. Pombal: PALUMBALEM: lugar construido polo home oonde viven as pombas.
  2. Ponferrada: PONTEM FERRATAM: ponte de ferro, na que se utilizaron materiais de ferro, non é que toda ela fora de ferro.
  3. Ponteceso: PONTEM CAESUM: ponte caída, ponte rota.
  4. Pontevedra: PONTEM VETERAM: ponte vella, ou ponte do río Vedra, nome que se lle daba ó río Lérez; este pobo era chamado AD DUOS PONTES.
  5. Portomarín
  6. Ribadavia: Riba + d(e) + Avia, RIPAM: beira dun río ou do mar: beira do río Avia.
  7. Ribeira: RIPARIAM: costa, beira do mar.
  8. Salamanca: En latín SALMANTICA: da raíz *sal- lugar de auga brava, fai referencia a presencia dun río (o Tormes). ¿?
  9. Santiago: De (ecclesia) sancti Iacobi “igrexa de San Xacobe”. Grafía arcaica: Sant-Iago; portugués: San Tiago.
  10. Sanxenxo: Un topónimo con dúas palatales sonoras na súa orixe Sanctu Genesiu// “San Ginés” en castelán e en galego San Mamede, Sanamedio, Sanomedio, Sandomedio e San Xes, teñen a mesma etimoloxía. Tamén deu Xinzo. Tódalas igrexas están adicadas a un santo, a un home ou a unha muller que destacou polo seu comportamento relixioso. Por iso as parroquias, que agrupan as localidades que dependen de unha igrexa, teñen cada unha o seu santo e fan unha festa na súa honra e tamén en moitas ocasións, ata se chaman co nome do santo.
  11. Seixo: de SAXUM, de pedra. Exemplo deste topónimo atópase na parroquia de San Miguel de Castro, (A Estrada, Po.).
  12. Sobrado: (AEDIFICIUM) SUPERATUM: edificio cunha parte alta, que sobresae. Terra alta, que sobresae. Temos un Sobrado dos Monxes, na provincia da Coruña.
  13. Tarragona: do latín TARRACONEM, posiblemente dun termo prerromano probablemente íbero
  14. Touro: TAURUM, touro.
  15. Triacastela: TRIA CASTELLA: tres castros, rematan en –A porque é neutro plural.
  16. Veiga: do íbero VAI- río e o sufixo –KA- rexión do río, é un terreo a beira dun río. En vasco (i)bai: río.
  17. Vigo: VICUM, aldea, grupo de casas ou propiedade rural.
  18. Vilaboa: VILLAM BONAM: vila boa, casa de campo boa.
  19. Vilachá: VILLAM PLANAM, vila situada nun lugar plano.
  20. Vilagarcia: Topónimo composto de VILLAM explotación agropecuaria e un posuidor –García-. En Galicia hai varios lugares que reciben o nome de Vilagarcía: no concello de Baleira (Lugo), no de Carballedo (Lugo), en Ramirás (Ourense), etc.
  21. Vilalba: VILLAM ALBAM: vila branca.
  22. Vilameá: VILLAM MEDIANAM: a vila do medio, a casa de campo do medio.
  23. Xestoso: GENISTOSUM, lugar onde abundan as xestas ou GENISTA.
  24. Xunqueira: IUNCARIAM, lugar onde abundan os xuncos ou IUNCUS.
  25. Zaragoza: de CAESAR AUGUSTA, cidade adicada a César Augusto, que en árabe foi SARAKUSTA, de aí Zaragoza.